Na tarde deste mércores, tivo lugar no salón de actos do Concello de Moeche a presentación do III Slalom Concello de Moeche, segunda proba do Campionato Galego de Slalom de 2016. No acto contouse coa presenza da alcaldesa modestina, dona Beatriz Bascoy, e da concelleira de Deportes, dona Iria Couce, así como con Moisés García e Marta Sánchez, presidente e vicepresidenta de Escudería Moeche.
O Slalom Concello de Moeche chega á súa terceira edición, despois de acadar a segunda mellor puntuación no campionato da tempada pasada. Como novidades destaca que esta edición contará con dúas mangas de adestramentos e dúas mangas oficiais. A primeira manga de adestramentos será ás 11:30 horas. Pola tarde o comezo será ás 15:00 horas coa segunda manga de adestramentos, coas mangas oficiais a continuación. A organización repartirá 930€ en premios, así como trofeos para os seis primeiros clasificados da xeral e os tres primeiros de cada unha das seis agrupacións existentes. Ademais, entregaranse os seguintes trofeos especiais: -Trofeo Renault - Talleres Ramos: para o primeiro clasificado con esta marca. -Trofeo Feminino - Talleres Motor Ortegal: para a primeira dama clasificada. -Trofeo Históricos - Ortegal Oil Moeche: para o primeiro clasificado destes vehículos. -Trofeo Debutantes - Cande Interiorismo: para o primeiro debutante. Nesta terceira edición do Slalom Concello de Moeche, Escudería Moeche quere agradecer o apoio mostrado para conseguir sacar a proba adiante por parte do Concello de Moeche e de todas as empresas colaboradoras, así como o traballo dun amplo grupo de persoas que colaboran desinteresadamente. Animámosvos a todos a asistir a Moeche o vindeiro 16 de xullo, agardámosvos!
0 Comentarios
A organización repartirá un total de 930€ en premios, e os seguintes trofeos:
|
regulamento_3_slalom_moeche.pdf | |
File Size: | 597 kb |
File Type: |
O vindeiro 16 de Xullo, regresa o automovilismo a Moeche. O 3º Slalom Concello de Moeche, puntuable para o Campionato Galego de Slalom, celebrarase o día 16 de xullo, nas rúas de San Ramón de Moeche. A organización repartirá un total de 930€ en premios, e os seguintes trofeos:
3 primeiros da clasificación xeral
3 primeiros de cada unha das 6 agrupacións existentes
Trofeo de Debutantes - Cande Interiorismo
Trofeo Feminino - Motor Ortegal
Trofeo de Vehículos Históricos - Ortegal Oil Moeche
Trofeo de Vehículos Renault - Talleres Ramos
3 primeiros da clasificación xeral
3 primeiros de cada unha das 6 agrupacións existentes
Trofeo de Debutantes - Cande Interiorismo
Trofeo Feminino - Motor Ortegal
Trofeo de Vehículos Históricos - Ortegal Oil Moeche
Trofeo de Vehículos Renault - Talleres Ramos
|
|
|
|
Dispoñible a lista oficial de inscritos do II Slalom Concello de Moeche.
lista_inscritos_moeche_2015.pdf | |
File Size: | 241 kb |
File Type: |
No seguinte enlace podedes acceder ó complemento nº4, que contén información sobre un cambio no programa horario.
complemento_nº4.pdf | |
File Size: | 65 kb |
File Type: |
No seguinte enlace podedes acceder ó complemento nº3, que contén información sobre a publicidade obligatoria proposta pola organización.
complemento_nº3.pdf | |
File Size: | 115 kb |
File Type: |