Escudería Moeche
  • Inicio
  • Slalom Moeche
    • Tablón de Anuncios
    • Tempos Online
  • Rutas Turísticas
  • 4x4
  • Contacto

Primeiras inscripcións recibidas

30/6/2016

0 Comentarios

 
A falta de máis de quince días para a proba modestina, os equipos máis madrugadores xa formalizaron a súa inscripción na proba modestina. 
Lembramos a todos os equipos que para formalizar a inscripción hai que cubrir o formulario de inscripción online da FGA, facendo click aquí. 
​Tamén recordar ós equipos que, tal e como pon no formulario de inscripción, para finalizar a inscripción é obligatorio enviar a [email protected] un mail cos seguintes datos: copia de licencia de concursante, copia de licencia do piloto, copia do carnet de conducir, copia da documentación do vehículo e copia da transferencia da inscripción.
​
0 Comentarios

Presentación Oficial III Slalom Concello de Moeche

24/6/2016

0 Comentarios

 
 Na tarde deste mércores, tivo lugar no salón de actos do Concello de Moeche a presentación do III Slalom Concello de Moeche, segunda proba do Campionato Galego de Slalom de 2016. No acto contouse coa presenza da alcaldesa modestina, dona Beatriz Bascoy, e da concelleira de Deportes, dona Iria Couce, así como con Moisés García e Marta Sánchez, presidente e vicepresidenta de Escudería Moeche.
O Slalom Concello de Moeche chega á súa terceira edición, despois de acadar a segunda mellor puntuación no campionato da tempada pasada. Como novidades destaca que esta edición contará con dúas mangas de adestramentos e dúas mangas oficiais. A primeira manga de adestramentos será ás 11:30 horas. Pola tarde o comezo será ás 15:00 horas coa segunda manga de adestramentos, coas mangas oficiais a continuación.
A organización repartirá 930€ en premios, así como trofeos para os seis primeiros clasificados da xeral e os tres primeiros de cada unha das seis agrupacións existentes. Ademais, entregaranse os seguintes trofeos especiais:
-Trofeo Renault - Talleres Ramos: para o primeiro clasificado con esta marca.
-Trofeo Feminino - Talleres Motor Ortegal: para a primeira dama clasificada.
-Trofeo Históricos - Ortegal Oil Moeche: para o primeiro clasificado destes vehículos.
-Trofeo Debutantes - Cande Interiorismo: para o primeiro debutante.
Nesta terceira edición do Slalom Concello de Moeche, Escudería Moeche quere agradecer o apoio mostrado para conseguir sacar a proba adiante por parte do Concello de Moeche e de todas as empresas colaboradoras, así como o traballo dun amplo grupo de persoas que colaboran desinteresadamente.
Animámosvos a todos a asistir a Moeche o vindeiro 16 de xullo, agardámosvos!
Imagen
0 Comentarios

Premios e Trofeos III Slalom Concello de Moeche

23/6/2016

0 Comentarios

 

A organización repartirá un total de 930€ en premios, e os seguintes trofeos:
3 primeiros da clasificación xeral

3 primeiros de cada unha das 6 agrupacións existentes
Trofeo de Debutantes - Cande Interiorismo
Trofeo Feminino - Motor Ortegal
Trofeo de Vehículos Históricos - Ortegal Oil Moeche
Trofeo de Vehículos Renault - Talleres Ramos

0 Comentarios

Apertura de Inscripcións

13/6/2016

0 Comentarios

 
Imagen
Dende hoxe, está aberta a inscripción para o III Slalom Concello de Moeche. Facendo click aquí poderás acceder ó formulario onlinde de inscripción. As inscripcións permanecerán abertas ata o día 13 de Xullo ás 20:00 horas.

0 Comentarios

Tabloleiro oficial de avisos

13/6/2016

0 Comentarios

 
Imagen
Dende hoxe, 13 de Xuño, ata o día 15 de Xullo, o taboleiro oficial de avisos do Slalom Concelo de Moeche está situado en Café-Bar Xambas (Balocos, 12 - Moeche).

0 Comentarios

Regulamento 3º Slalom Concello de Moeche

4/6/2016

0 Comentarios

 
No seguinte enlace poderedes acceder ó regulamento do 3º Slalom Concello de Moeche.
regulamento_3_slalom_moeche.pdf
File Size: 597 kb
File Type: pdf
Descargar archivo

0 Comentarios

Presentación 3º Slalom de Moeche

4/6/2016

0 Comentarios

 
O vindeiro 16 de Xullo, regresa o automovilismo a Moeche. O 3º Slalom Concello de Moeche, puntuable para o Campionato Galego de Slalom, celebrarase o día 16 de xullo, nas rúas de San Ramón de Moeche. A organización repartirá un total de 930€ en premios, e os seguintes trofeos:
3 primeiros da clasificación xeral
3 primeiros de cada unha das 6 agrupacións existentes
Trofeo de Debutantes - Cande Interiorismo
Trofeo Feminino - Motor Ortegal
Trofeo de Vehículos Históricos - Ortegal Oil Moeche
Trofeo de Vehículos Renault - Talleres Ramos

​
Imagen
0 Comentarios
Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Slalom Moeche
    • Tablón de Anuncios
    • Tempos Online
  • Rutas Turísticas
  • 4x4
  • Contacto