No seguinte enlace podedes acceder ó complemento nº2, que contén a información sobre o relación cos participantes.
0 Comentarios
No seguinte enlace podedes acceder ó complemento nº1, que conten os oficiais da proba.
Presentamos a guía de accesos para o II Slalom Concello de Moeche. Fai click no seguinte enlace.
No día de onte, no Concello de Moeche, tivo lugar a presentación oficial do II Slalom Concello de Moeche, coa presenza da Alcaldesa, Beatriz Bascoy e a Concelleira de deportes, Iria Couce. Estiveron tamén presentes o presidente e a vicepresidenta de Escudería Moeche, Moisés Fernández e Marta Sánchez, que desvelaron as características desta nova edición da proba modestina. Durante a presentación oficial explicáronse as principais características da proba, puntuable para o campeonato galego de slalom, que se celebrará o próximo 8 de agosto nas rúas de San Ramón de Moeche. No referente as principais novidades, destaca o cambio de ubicación dos parques de traballo e pechado que desta volta se localizarán preto do circuito, para comodidade dos pilotos e membros dos equipos.
En canto ao trazado da proba, permanecerá invariable con respecto á pasada edición, debido á boa crítica acadada entre os pilotos que estiveron presentes, tanto a nivel técnico como de zonas para a colocación do público, con moitos lugares elevados dende os que desfrutar do espectáculo sen correr ningún risco. A organización espera acadar uns niveis de participación similares á primeira edición deste Slalom Concello de Moeche, onde participaron 45 vehículos. Está aberto o período para realizar as inscripcións para o II Slalom Concello de Moeche que se celebrará o próximo 8 de Agosto. Podedes acceder ao formulario de inscripción facendo click aquí.
O período de inscripción remata o 6 de Agosto ás 20:00 h. O número de conta para realizar o pago da inscripción é o seguinte: Abanca IBAN ES49 – 2080 – 0210 – 1630 – 4000 – 5250 Prezos: 90€ se se acepta a publicidade obligatoria 180€ se non se acepta a publicidade obligatoria Enviar o formulario de inscripción xunto co xustificante do ingreso á dirección de correo electrónico [email protected] Dispoñible o regulamento do II Slalom Concello de Moeche. Pódese consultar no seguinte link
Motivado por temas administrativos da Dirección Xeral de Tráfico, o 2º Slalom Concello de Moeche tivo que cambiar a data da súa celebración. A data na que se celebrará o Slalom modestino será o 8 de Agosto. Os horarios previstos mantéñense e o primeiro dos vehículos tomará a saída na primeira manga de adestramentos ás 14:00 horas. As mangas oficiais serán a continuación. Este cambio xa foi aprobado pola FGA. Dende Escudería Moeche pedimos desculpas polas molestias ocasionadas por este cambio de data, obrigado por temas alleos á organización. Adxuntamos o cartel da proba.
Dende Escudería Moeche vémonos na obriga de comunicar o aprazamento do II Slalom Concello de Moeche, debido a problemas administrativos. Estamos traballando para reubicar a proba no calendario, e o antes posible informaremos da data elexida para a celebración desta proba.
|