Escudería Moeche
  • Inicio
  • Slalom Moeche
    • Tablón de Anuncios
    • Tempos Online
  • Rutas Turísticas
  • 4x4
  • Contacto

Anulación Slalom Concello de Moeche

4/5/2020

0 Comentarios

 
Dende a Escudería Moeche , organizadora do Slalom concello de Moeche, proba calendada na Federación Galega de Automobilismo para o vindeiro 26 de setembro, comunicamos que:

Por motivos da situación actual derivada da COVID-19, acordordamos cancelar a VII edición deste ano 2020.

A decisión adoptámola tralo acordo unánime de tódolos membros da escudería, por considerala como a máis axeitada nestas circunstancias.

A escudería traballa todo o ano para desenvolver unha das probas que maior puntuación recibe do campionato galego, e asi o seguimos facendo pera xa pensando no 2021, xa que a situación actual lévanos a adoptar esta decisión, por considerala a máis coherente. 

Hai que ter en conta que detrás desta complicada decisión, está o traballo de ducias e ducias de persoas que traballan arreo sen recibir nada a cambio, e como non, das axudas económicas: do concello de Moeche, da Diputación provincial da Coruña, dos numerosos patrocinadores e colaboradores, asi como de toda esa xente que dunha ou doutra maneira fan o seu aporte para axudarnos. 
Neste sentido, a escudería informará, nos vindeiros días, ás distintas institucións a cancelación das axudas actualmente solicitadas, debido a que a nosa actividade pasa a un segundo plano, e consideramos que se dea prioridade a paliar os efectos derivados da pandemia da COVID-19. 

Sen máis, decirvos que volveremos con tódalas ganas que sempre tivemos e na vindeira edición intentaremos estar de novo no chanzo máis alto do podium do campionato galego, agardando a presencia de todos vós. 

Non queremos deixar pasar a oportunidade para darlle as gracias e os nosos ánimos a todas e todos que dunha ou doutra maneira axudades na loita contra esta pandemia, e darlle o pésame a aquelas familias que perderon seres queridos nesta loita. 

Moita forza, entre todos conseguirémolo.
Imagen
0 Comentarios

Camisetas 2018

15/6/2018

0 Comentarios

 

A que están chulas as novas camisetas de Escudería Moeche? Por tan só 10€ poderás conseguir a túa, e así colaborar co V Slalom Concello de Moeche.
Puntos de venta:
-Estación de Servicio San Antonio Moeche - Ortegal Oil
-Bar Xambas (Moeche)
-Bar Toñito (Moeche)
Non quedes sin a túa!

Imagen
0 Comentarios

Cartel 4ª Slalom Concello de Moeche

7/6/2017

0 Comentarios

 

Boas tardes a tod@s! Un ano máis, e xa van catro, temos o pracer de presentarvos o cartel do Slalom Concello de Moeche, que se celebrará o próximo 15 de Xullo. Aprobeitamos para recordarvos que o periodo de inscripción abre o día 12 de xuño. ​Haz clic aquí para editar.

Imagen
0 Comentarios

DVD 3ºSlalom Concello de Moeche

9/2/2017

0 Comentarios

 
Á venta o DVD oficial do 3º Slalom Concello de Moeche. Precio: 10€. Pedidos e mais info a través de [email protected]
Imagen
0 Comentarios

Campiona de Galicia de Escuderías de Slalom 2016

30/1/2017

0 Comentarios

 

Este fin de semana celebrouse a entrega de premios da Federación Galega de Automovilismo. A Escudería Moeche recibeu o premio como gañadora de Escuderías na categoría de slalom. Este premio pertence a todos os pilotos de Escudería Moeche que participaron en slalom o pasado 2016. Gracias a todos!

Imagen
Imagen
0 Comentarios

Bo nadal

24/12/2016

0 Comentarios

 
Chegando case ó remate deste ano 2016, dende Escudería Moeche queremos desexarvos a todos unhas felices festas e un próxpero 2017. Aprobeitamos a ocasión para agradecer o gran esforzo de todos os nosos colaboradores e patrocinadores, pois sin todos eles, Escuería Moeche non sería unha realidade.
Imagen
0 Comentarios

Merchandising Escudería Moeche

18/12/2015

0 Comentarios

 
Gustaríache ter unha cazadora de Escudería Moeche? Contacta con nós no teléfono 669433489 e informarémoste.
Imagen
Imagen
0 Comentarios

Rallye de Narón

7/6/2015

0 Comentarios

 
Rematou o 28 Rallye Cidade de Narón, terceira proba do Campionato Galego de Automovilismo, e o traballo levado a cabo polo equipo de Siroco Narón foi impresionante. Prepararon un percorrido moi técnico con moitas zonas novedosas e outras vellas conocidas, que demostrou ser bastante duro coas mecánicas e que pasou factura en forma de bastantes pinchazos, averías e abandonos.
Para Escudería Moeche, esta proba foi todo un éxito, por moitos motivos:
-Acadamos o noso primeiro Trofeo como Escudería, ó ser a Escudería cos pilotos que levaron máis premios nas diferentes clases deste 28 Rallye Cidade de Narón.
Clasificación dos nosos equipos:
-Daniel Dopico e Iván Bouza - BMW M3 E46,  acadaron a 3ª posición xeral nesta proba, foron primeiros de grupo T e gañaron a clase 18 (ademais de permitirse o luxo de marcar o scratch no tramo 8).
-Vicente Cabarcos e Rubén Prieto - BMW 325 E30, foron gañadores da Copa Drive Dmack, segundos de grupo T, e segundos da clase 18. Acadaron o posto 14 da clasificación xeral.
-Javier Muíño e José Murado - Mitsubishi Lancer Evo IX, conseguiron rematar o rali no que se producía o debut para Javi nunha estupenda posición 18.
-Diego González e Diego García Peugeot 206XS, foron gañadores da copa Pirelli AMF Galfer e conseguiron o posto 19 na clasificación xeral.
-Damián Bellón e Andrés Pérez - Peugeot 206XS, foron gañadores da copa Seguro X Días e conseguiron o posto 24 na clasificación xeral.
-Antonio Amor e Marcos López - Seat 1430 1800, remataron este rali na posición 31 terceiros do grupo H e terceiros da clase 16.
-Fabián Medín e Óscar Vilela - Peugeot 206XS, remataron o rali na posición 32 e cuartos da copa Seguro X Días
- Rubén "Cuqueira" López e Marcos López - Citroen Saxo VTS - finalizaron o rali na posición 69 da xeral.
-David Painceiras e David Montero - Peugeot 106 XSi - finlarizaron o rali na posición 83 da xeral.
-Manuel Painceiras e Marcos Martínez - Peugeot 205 GTI, Santiago Tembrás e Rubén Tembrás - Opel Corsa GSI, e José Antonio Seco e Javier Santos - Peugeot 206 XS, non puideron rematar a proba.
Noraboa a tódolos por estes grandes resultados rapaces!!!!
0 Comentarios

Previo Rali de Narón

3/6/2015

0 Comentarios

 
Este fin de semana celébrase a 28 edición do Rali Cidade de Narón. A inscripción é moi numerosa e a Escudería Moeche estará ben representada por 12 equipos. Queremos desexar moita sorte a tódolos participantes, especialmente ós equipos de Escudería Moeche. Podedes seguir a proba en www.rallyenaron.org
0 Comentarios

Merchandising Escudería Moeche

17/5/2015

2 Comentarios

 
Xa están dispoñibles as prendas oficiais de Escudería Moeche. Se queres conseguir a nosa cazadora ou a nosa camiseta, contacta con nós no teléfono 669433489 en informarémoste. 
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
2 Comentarios
<<Anterior
Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Slalom Moeche
    • Tablón de Anuncios
    • Tempos Online
  • Rutas Turísticas
  • 4x4
  • Contacto