Escudería Moeche
  • Inicio
  • Slalom Moeche
    • Tablón de Anuncios
    • Tempos Online
  • Rutas Turísticas
  • 4x4
  • Contacto

Rallye de Narón

7/6/2015

0 Comentarios

 
Rematou o 28 Rallye Cidade de Narón, terceira proba do Campionato Galego de Automovilismo, e o traballo levado a cabo polo equipo de Siroco Narón foi impresionante. Prepararon un percorrido moi técnico con moitas zonas novedosas e outras vellas conocidas, que demostrou ser bastante duro coas mecánicas e que pasou factura en forma de bastantes pinchazos, averías e abandonos.
Para Escudería Moeche, esta proba foi todo un éxito, por moitos motivos:
-Acadamos o noso primeiro Trofeo como Escudería, ó ser a Escudería cos pilotos que levaron máis premios nas diferentes clases deste 28 Rallye Cidade de Narón.
Clasificación dos nosos equipos:
-Daniel Dopico e Iván Bouza - BMW M3 E46,  acadaron a 3ª posición xeral nesta proba, foron primeiros de grupo T e gañaron a clase 18 (ademais de permitirse o luxo de marcar o scratch no tramo 8).
-Vicente Cabarcos e Rubén Prieto - BMW 325 E30, foron gañadores da Copa Drive Dmack, segundos de grupo T, e segundos da clase 18. Acadaron o posto 14 da clasificación xeral.
-Javier Muíño e José Murado - Mitsubishi Lancer Evo IX, conseguiron rematar o rali no que se producía o debut para Javi nunha estupenda posición 18.
-Diego González e Diego García Peugeot 206XS, foron gañadores da copa Pirelli AMF Galfer e conseguiron o posto 19 na clasificación xeral.
-Damián Bellón e Andrés Pérez - Peugeot 206XS, foron gañadores da copa Seguro X Días e conseguiron o posto 24 na clasificación xeral.
-Antonio Amor e Marcos López - Seat 1430 1800, remataron este rali na posición 31 terceiros do grupo H e terceiros da clase 16.
-Fabián Medín e Óscar Vilela - Peugeot 206XS, remataron o rali na posición 32 e cuartos da copa Seguro X Días
- Rubén "Cuqueira" López e Marcos López - Citroen Saxo VTS - finalizaron o rali na posición 69 da xeral.
-David Painceiras e David Montero - Peugeot 106 XSi - finlarizaron o rali na posición 83 da xeral.
-Manuel Painceiras e Marcos Martínez - Peugeot 205 GTI, Santiago Tembrás e Rubén Tembrás - Opel Corsa GSI, e José Antonio Seco e Javier Santos - Peugeot 206 XS, non puideron rematar a proba.
Noraboa a tódolos por estes grandes resultados rapaces!!!!
0 Comentarios



Deja una respuesta.

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Slalom Moeche
    • Tablón de Anuncios
    • Tempos Online
  • Rutas Turísticas
  • 4x4
  • Contacto