Escudería Moeche
  • Inicio
  • Slalom Moeche
  • Slalom As Somozas
  • Rutas Turísticas
  • Novas Escudería
  • Contacto

Anulación Slalom Concello de Moeche

4/5/2020

0 Comentarios

 
Dende a Escudería Moeche , organizadora do Slalom concello de Moeche, proba calendada na Federación Galega de Automobilismo para o vindeiro 26 de setembro, comunicamos que:

Por motivos da situación actual derivada da COVID-19, acordordamos cancelar a VII edición deste ano 2020.

A decisión adoptámola tralo acordo unánime de tódolos membros da escudería, por considerala como a máis axeitada nestas circunstancias.

A escudería traballa todo o ano para desenvolver unha das probas que maior puntuación recibe do campionato galego, e asi o seguimos facendo pera xa pensando no 2021, xa que a situación actual lévanos a adoptar esta decisión, por considerala a máis coherente. 

Hai que ter en conta que detrás desta complicada decisión, está o traballo de ducias e ducias de persoas que traballan arreo sen recibir nada a cambio, e como non, das axudas económicas: do concello de Moeche, da Diputación provincial da Coruña, dos numerosos patrocinadores e colaboradores, asi como de toda esa xente que dunha ou doutra maneira fan o seu aporte para axudarnos. 
Neste sentido, a escudería informará, nos vindeiros días, ás distintas institucións a cancelación das axudas actualmente solicitadas, debido a que a nosa actividade pasa a un segundo plano, e consideramos que se dea prioridade a paliar os efectos derivados da pandemia da COVID-19. 

Sen máis, decirvos que volveremos con tódalas ganas que sempre tivemos e na vindeira edición intentaremos estar de novo no chanzo máis alto do podium do campionato galego, agardando a presencia de todos vós. 

Non queremos deixar pasar a oportunidade para darlle as gracias e os nosos ánimos a todas e todos que dunha ou doutra maneira axudades na loita contra esta pandemia, e darlle o pésame a aquelas familias que perderon seres queridos nesta loita. 

Moita forza, entre todos conseguirémolo.
Imagen
0 Comentarios
    Imagen

    Arquivos

    Mayo 2020
    Junio 2018
    Junio 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Diciembre 2015
    Junio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Slalom Moeche
  • Slalom As Somozas
  • Rutas Turísticas
  • Novas Escudería
  • Contacto