0 Comentarios
Unha vez rematada a segunda proba do Campeonato Galego de Ralis 2015, toca facer balance para os pilotos da Escudería Moeche. Despois dunha xornada cunha meteoroloxía cambiante, e uns tramos moi complicados, os integrantes de Escudería Moeche nesta proba fixeron unhas grandes actuacións.
Daniel Dopico e Iván Bouza (BMW M3 E36): 8º scratch e primeiros de clase e grupo Diego González e Diego García (Peugeot 206 XS): 15ª da xeral e Vencedores da Copa Pirelli AMF Vicente Cabarcos e Rubén Prieto (BMW 325 E30)- 21º da xeral e Vencedores da Copa Drive Dmack Rubén López e Fabián Medín (Saxo VTS) - Remataron no seu debut en ralis Noraboa a todos! O vindeiro 1 de Maio, celebraremos a FESTA DO MOTOR da Escudería do Moeche.
-Pola mañán celebraremos a "I RUTA TURÍSTICA TERRAS DOS IRMANDIÑOS", unha ruta de regularidade para todo tipo de vehículos actuais e históricos. (mais info aquí) -Tamén pola mañán haberá exposición de coches clásicos e de competición na Casa do Concello de Moeche. -A mediodía teremos unha Sesión Vermú con música en vivo e un XANTAR POPULAR aberto a tódalas persoas interesadas en apuntarse. O menú será o seguinte: SOPA DE PEIXE COSTELA ASADA Postre, café, viño, gaseosa e auga Para anotarse á comida, é necesario mercar os tiques en "Cervexería Sobelaira" ou "Bar Xambas" antes do día 25 de Abril. -Pola tarde contaremos coa exibición dn Campeón Galego de Ralis, IVÁN ARES, que facerá as delicias dos afeccionados que se acheguen a Moeche. A continuación haberá FESTA RACHADA cun GRAN GRUPO MUSICAL, sorteo de regalos, pinchos, etc... Contamos contigo! |