0 Comentarios
O Concello de Moeche acolleu na mañán de hoxe, a presentación oficial do 6o Slalom Concello de Moeche. No acto, ademáis da Alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, estiveron presentes Moisés García e Marta Sánchez, Presidente e Vicepresidenta de Escudería Moeche, que desvelaron as características desta nova edición da proba modestina. Moeche, 19 de Setembro de 2019 – Na mañá de hoxe, no Concello de Moeche, tivo lugar a presentación oficial do 6o Slalom Concello de Moeche, coa presenza da Alcaldesa, Beatriz Bascoy. Durante a presentación oficial explicáronse as principais características da proba, puntuable para o campeonato galego de slalom, que se celebrará o vindeiro sábado 28 de Setembro nas rúas de San Ramón de Moeche. No referente ás principais novidades desta edición, destacaron dun xeito especial o Memorial deste ano a Juan Carlos Sueiras, colaborador incansable da Escudería que nos deixou recentemente. Por outra banda, despois de cinco edicións sin variar o trazado, nesta sexta, o percorrido sufrirá cambios na parte baixa do circuito, para intentar conseguir maior vistosidade para público e participantes, sen descuidar en ningún momento a seguridade. Comentar tamén o carácter “interrexional” da proba, pois a falta de uns días para pechar o período de inscripción xa hai algún equipo que nos visitará dende fora de Galicia. A organización espera acadar uns niveis de participación similares ás edicións anteriores deste Slalom Concello de Moeche, onde participaron unha media duns 40 vehículos. Para máis información, recoméndase visitar a web da Escudería Moeche www.escuderiamoeche.com, e a páxina de Facebook de Escudería Moeche, donde está dispoñible toda a información da proba modestina. Haz clic aquí para editar. Xa está na rúa a edición impresa da revista do 6º Slalom Concello de Moeche, onde poderedes atopar interesantes artigos sobre o automobilismo en Moeche, así como ver todas as empresas que de diferentes xeitos nos axudan a que esta proba poida sair adiante. Podedes descargar a versión dixital no seguinte enlace.
Dende o pasado 25 de Agosto está aberto o plazo para efectuar a inscripción do 6º Slalom Concello de Moeche. Podedes acceder pulsando aquí
1º Clasificado 320€ e Trofeo
2º Clasificado 220€ e Trofeo 3º Clasificado 120€ e Trofeo 4º Clasificado 100€ e Trofeo 5º Clasificado 90€ e Trofeo 6º Clasificado 80€ e Trofeo Trofeo para os 3 primeiros de cada unha das diferentes Agrupacións Históricos "Estación de Servicio Ortegal Oil Moeche": Trofeo Feminino "Motor Ortegal - Opel": Trofeo Novas Promesas "Talleres Ramos": Xornada de Test no Circuito da Pastoriza pilotando un Clio N3 ou un Suzuki Swift do equipo TRS Racing Team. Promoción Slalom Noroeste 2019: Trofeo para os 3 primeiros clasificados Para máis información visitar o regulamento da proba pulsando aquí. No seguinte enlace podedes descargar o Regulamento do 6º Slalom Concello de Moeche, aprobado pola Federación Galega de Automobilismo.
Bo día a tod@s! Presentamos o cartel do 6º SLALOM CONCELLO DE MOECHE
O vindeiro 28 de setembro, os motores volverán a ruxir en Moeche, cunha nova edición do Slalom. Este ano gustaríanos recordar a Juan Carlos Sueiras, traballador do Concello de Moeche e colaborador habitual da nosa proba, que nos deixou uns meses atrás. Vai por ti! Ademáis do cambio de data realizado, temos algunhas novidades con respecto a anos anteriores, que iremos desvelando en vindeiras publicacións. Bo día!
Temos xa á venda as camisetas do 6º Slalom Concello de Moeche. Non quedes sen a túa! Podedes atopalas en: -Ortegal Oil Moeche (adultos e nenos) -Bar Xambas (adultos) -Bar Toñito (adultos) -Mesón O Campo (adultos) -Bar Marcial (adultos) Comentar tamén, que este ano, vémonos na obriga de facer un cambio de datas, pasando a celebrarse o día 28 de Setembro. |