|
Entrega de dorsais ás 15:00 Saída do primeiro participante ás 16:00 Bar Xambas (Balocos - Moeche)
0 Comentarios
O vindeiro sábado 27 de novembro, volven as rutas turísticas a Moeche. Para inscribirse, podes atopar as follas de inscripción en Bar Xambas e Bar Toñito, en Moeche.
As inscripcións estarán abertas ata o s 24 de novembro, e as prazas son limitadas, polo cal, non agardes ó último momento.
Finalizada a 6ª Ruta Turística, dende Escudería Moeche gustaríanos agradecer a participación de todos os equipos presentes, nesta última proba do Open de Rutas Turísticas. A victoria foi para o equipo Escudería Moeche Classics formado por Juan Manuel Pérez e David Landrove, que tamén gañaron o trofeo ao mellor vehículo histórico. A segunda posición foi para o equipo Muíño-García formado por Jorge Muiño e Yane García. O terceiro posto foi para o equipo ACAP 4 formado por Fran López e Rafa Gregorio. Nos próximos días publicaremos as clasificacións de todos os vehículos. E agora, a poñer a cabeza a pensar na 7º Ruta Turística... Xa está aquí a 6ª Ruta Turística de Escudería Moeche, última proba do Open de Rutas Turísticas. Animádevos a vasar unha tarde-noite divertida con nós!
Presentamos a 5ª Ruta Turística organizada por Escudería Moeche. Dende hoxe está aberto o periodo de inscripción, que poderá facerse en Bar Xambas (Moeche), donde tedes xa as follas para anotarvos. A data límite para anotarse é o 7 de novembro ás 20:00 horas. A Ruta celebrarase o 10 de novembro en horario tarde-noite. A saída efectuarase dende o Bar Sixto, que está situado en San Ramón de Moeche. A hora de saída será confirmada nos días previos á ruta a través da nosa web e do noso facebook. Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados, e tamén para o mellor entre os vehículos históricos (mais de 25 anos). Contamos con vos!
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||














