Presentamos a 5ª Ruta Turística organizada por Escudería Moeche. Dende hoxe está aberto o periodo de inscripción, que poderá facerse en Bar Xambas (Moeche), donde tedes xa as follas para anotarvos. A data límite para anotarse é o 7 de novembro ás 20:00 horas. A Ruta celebrarase o 10 de novembro en horario tarde-noite. A saída efectuarase dende o Bar Sixto, que está situado en San Ramón de Moeche. A hora de saída será confirmada nos días previos á ruta a través da nosa web e do noso facebook. Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados, e tamén para o mellor entre os vehículos históricos (mais de 25 anos). Contamos con vos!
0 Comentarios
|