Aquí está a lista oficial de inscritos do 3º Slalom Concello de Moeche. Vémonos o sábado en Moeche! ![]()
Boas tardes, a falta de de menos de 48 horas para o peche de inscripcións esta é a lista de preinscritos.
A falta de máis de quince días para a proba modestina, os equipos máis madrugadores xa formalizaron a súa inscripción na proba modestina.
Lembramos a todos os equipos que para formalizar a inscripción hai que cubrir o formulario de inscripción online da FGA, facendo click aquí. Tamén recordar ós equipos que, tal e como pon no formulario de inscripción, para finalizar a inscripción é obligatorio enviar a escuderiamoeche@gmail.com un mail cos seguintes datos: copia de licencia de concursante, copia de licencia do piloto, copia do carnet de conducir, copia da documentación do vehículo e copia da transferencia da inscripción. Na tarde deste mércores, tivo lugar no salón de actos do Concello de Moeche a presentación do III Slalom Concello de Moeche, segunda proba do Campionato Galego de Slalom de 2016. No acto contouse coa presenza da alcaldesa modestina, dona Beatriz Bascoy, e da concelleira de Deportes, dona Iria Couce, así como con Moisés García e Marta Sánchez, presidente e vicepresidenta de Escudería Moeche.
O Slalom Concello de Moeche chega á súa terceira edición, despois de acadar a segunda mellor puntuación no campionato da tempada pasada. Como novidades destaca que esta edición contará con dúas mangas de adestramentos e dúas mangas oficiais. A primeira manga de adestramentos será ás 11:30 horas. Pola tarde o comezo será ás 15:00 horas coa segunda manga de adestramentos, coas mangas oficiais a continuación. A organización repartirá 930€ en premios, así como trofeos para os seis primeiros clasificados da xeral e os tres primeiros de cada unha das seis agrupacións existentes. Ademais, entregaranse os seguintes trofeos especiais: -Trofeo Renault - Talleres Ramos: para o primeiro clasificado con esta marca. -Trofeo Feminino - Talleres Motor Ortegal: para a primeira dama clasificada. -Trofeo Históricos - Ortegal Oil Moeche: para o primeiro clasificado destes vehículos. -Trofeo Debutantes - Cande Interiorismo: para o primeiro debutante. Nesta terceira edición do Slalom Concello de Moeche, Escudería Moeche quere agradecer o apoio mostrado para conseguir sacar a proba adiante por parte do Concello de Moeche e de todas as empresas colaboradoras, así como o traballo dun amplo grupo de persoas que colaboran desinteresadamente. Animámosvos a todos a asistir a Moeche o vindeiro 16 de xullo, agardámosvos! A organización repartirá un total de 930€ en premios, e os seguintes trofeos:
|
regulamento_3_slalom_moeche.pdf | |
File Size: | 597 kb |
File Type: |