Escudería Moeche
  • Inicio
  • 6º Slalom Moeche
  • Rutas Turísticas
  • Novas Escudería
  • Contacto

Presentación Oficial do II Slalom Concello de Moeche

4/8/2015

1 Comentario

 
No día de onte, no Concello de Moeche, tivo lugar a presentación oficial do II Slalom Concello de Moeche, coa presenza da Alcaldesa, Beatriz Bascoy e a Concelleira de deportes, Iria Couce. Estiveron tamén presentes o presidente e a vicepresidenta de Escudería Moeche, Moisés Fernández e Marta Sánchez, que desvelaron as características desta nova edición da proba modestina. Durante a presentación oficial explicáronse as principais características da proba, puntuable para o campeonato galego de slalom, que se celebrará o próximo 8 de agosto nas rúas de San Ramón de Moeche. No referente as principais novidades, destaca o cambio de ubicación dos parques de traballo e pechado que desta volta se localizarán preto do circuito, para comodidade dos pilotos e membros dos equipos.

En canto ao trazado da proba, permanecerá invariable con respecto á pasada edición, debido á boa crítica acadada entre os pilotos que estiveron presentes, tanto a nivel técnico como de zonas para a colocación do público, con moitos lugares elevados dende os que desfrutar do espectáculo sen correr ningún risco.

A organización espera acadar uns niveis de participación similares á primeira edición deste Slalom Concello de Moeche, onde participaron 45 vehículos.



Imagen
1 Comentario
Carlos
4/8/2015 18:03:00

Ieeeesssssooooo

Responder



Deja una respuesta.

    Imagen

    Arquivos

    septiembre 2019
    agosto 2019
    junio 2019
    abril 2019
    julio 2018
    junio 2018
    agosto 2017
    julio 2017
    junio 2017
    julio 2016
    junio 2016
    agosto 2015
    julio 2015

Con tecnología de Crea tu propio sitio web único con plantillas personalizables.
  • Inicio
  • 6º Slalom Moeche
  • Rutas Turísticas
  • Novas Escudería
  • Contacto